Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegura que, na aplicación das normas e protocolos de inicio de curso escolar decretados pola Xunta de Galicia, e coñecidas o 31 de agosto, “todos os concellos cumprimos, e desde o de Santiago cumprimos ao 120 ou 130 por cento”, cun gran esforzo por parte de todo o persoal dos departamentos implicados, que conseguiu que todos os servizos estivense atendidos “en tempo e forma”. Isto supón, engade, “unha capacidade e unha profesionalidade extraordinaria”, no comezo do curso “máis complexo de toda a historia moderna”.
O rexedor facilitou os datos de afluencia ás aulas, esta mañá, que eran do 90 por cento, e os de escolares usuarios do comedor. Dos 215 menús previstos onte servíronse 78. Destacou que nos nove centros xestionados polo Concello de Santiago, o servizo funcionou en “perfectas condicións” a pesares de que ningún deles conta cun espazo adicado específicamente a comedor. A previsión para hoxe era de 335 comidas.
Tamén aportou datos sobre a resolución das bolsas de comedor. Hai 620 solicitudes aprobadas provisionalmente, xa que o prazo para aportar documentación remata o 30 de setembro. Delas, 197 son de comedores municipais (107 presentadas na modalidade de falta de recursos económicos e 31 na de conciliación), 101 de comedores xestionados polas ANPAS ou pola xunta; e 322 pertencen a centros concertados.
Sobre o decreto de comedores publicado polo concello, asegurou que “é un decreto para garantir os dereitos” dos usuarios do servizo, “e para protexer aos nenos e ás súas familias”. Un esforzo enorme que asume o concello, porque todo iso terá que ser financiado con cargo aos orzamentos municipais”. O alcalde “agradecería” aos grupos municipais “que o luns criticaban que non ía funcionar o comedor” que recoñezan que funcionou, “que se cubriu toda a demanda”. Tamén lles pediu, “aos que manifestaron unha enorme preocupación” por este asuntos, que estean tranquilos.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela