Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O rexedor deu cifras. Sinalou que en tres meses, pasaron pola zona do radar, en Conxo, 1.800.000 vehículos, uns 20.000 diarios; polo que as sancións representan menos do 1% do tráfico que soporta ese punto. O que si se constata, afirmou, é unha reducción “significativa” da velocidade, con cero accidentes desde que se instalou o citado radar, polo que, concluiu, “está cumprindo a súa misión”, que é a de prevención da siniestralidade. Recordou que nos meses previos á sua colocación, “case ninguén cumpría cos límites de velocidade”, e incluso se rexistraron, en moitos casos, límites superiores aos 100 quilómetros por hora. Sánchez Bugallo tamén adiantou que o concello ten previsto mellorar a sinaléctica na zona.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela