Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
As obras de acondicionamento e mellora dos pavimentos do núcleo de Pardiñas e a senda peonil de Paredes de Laraño supuxeron unha inversión na parroquia que ronda os 700 mil euros. Ademais están previstas actuacións de asfaltado e mellora dos pavimentos en Outenín e Coira.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2023. Nun encontro coa veciñanza de Laraño, o alcalde comprometeuse a mellorar a seguridade na estrada de Bugallido – A Barcia, conxestionada polo tráfico que vén desde o Milladoiro. Concretamente, a folla de ruta pasa por establecer medidas inmediatas que limiten a velocidade dos vehículos que transitan por este vial ao tempo que se traballa nun proxecto para a mellora do vial que contemple a construción dun itinerario para dar seguridade ao peón.
Sánchez Bugallo, que acudiu ao encontro con outros membros do goberno local e da candidatura coa que aspira á reelección, explicou que “se trataría primeiro de analizar a presión nesta rúa, contabilizando os vehículos e as velocidades ás que circulan” para despois “establecer elementos disuasorios como radares informativos e incrementando a sinalética”. Medidas disuasorias para os vehículos que alcanzan grandes velocidades, mentres se avanza no proxecto que levaría a aumentar o ancho da calzada para incorporar beiravías transitables ou beirarrúas.
Melloras no transporte urbano
O alcalde adiantou ademais que, co novo contrato de transporte público que levará a xunta de goberno a próxima semana para iniciar o procedemento de licitación, se “mellorarán e incrementarán as frecuencias con Laraño e co resto de parroquias, tamén durante a fin de semana”.
Explicou que se reformularán as rutas, chegando o autobús ao propio núcleo de Pardiñas e dando servizo de conexión co fundamental: “haberá conexión co CHUS e con Virxe de Cerca para facilitar o acceso ao centro urbano e, pensando tamén, nas persoas usuarias da Praza de Abastos”.
700 mil euros en inversións
Durante o encontro o alcalde fixo balance coa veciñanza das actuación executadas ou en marcha na parroquia, destacando especialmente a senda peonil en Paredes de Laraño coa que se investiron 140 mil euros na creación de aceiras que dan servizo ao propio centro sociocultural. Ademais, avanzan a bo ritmo as obras de acondicionamento e mellora dos pavimentos do núcleo de Pardiñas que sirve de enlace entre o núcleo e a marquesiña do bus.
Esta actuación acompáñase ademais da instalación das tubaxes de abastecemento e saneamento.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela