Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que na última proposta do Convenio para a xestión da EDAR da Silvouta, están incluídas ”a práctica totalidade das demandas formuladas polo concello de Santiago de Compostela”. A máis importante: a financiación. O 65% de investimento, segundo avanzou o rexedor, “cunha aportación de perto de 37 millóns de euros, non se repercutirá na tarifa” do consumidor; “é unha aportación a fondo perdido por parte do Estado con cargo aos fondos europeos do programa de reactivación económica”.
Tampouco se van repercutir na tarifa, explicou Sánchez Bugallo, os 11 millóns de aportación prevista, “a fondo perdido” da Xunta; nin os 13 millóns da parte que lle corrresponde ao concello de Santiago. “Polo tanto a inmensa maioría” do financiamento da EDAR da Silvouta, non terá repercusión nas tarifas que se aplican, pero “queda unha pequena parte que se decidirá no seu día”, segundo sinalou o rexedor.
Sánchez Bugallo destacou que “desde o minuto deste mandato estamos traballando neste convenio”. Recordou que a situación que atopou o actual goberno municipal “foi a perda de fondos europeos do programa 2014-2020, que sucedía á perda dos fondos 2207-2013. Fondos que, lembrou, “foran transferidos para outra actuación con data do mes de abril de 2019”.
Aínda asi, continuou, “tomamos a decisión de seguir adiante, porque se fai camiño ao andar e somos da opinión de que un goberno novo non debe empezar de cero, se non que debe intentar aproveitar todo aquelo que se foi construíndo no goberno anterior”. Polo tanto, engadiu, “seguimos desenvolvendo os proxectos técnicos para realizar a actuación da Silvouta, e tratando de recuperar eses fondos europeos, a pesar da dificultade que tiñamos”.
Explica o rexedor que os Fondos de Reactivación Económica “derónnos a oportunidade” de poder optar a subvencións comunitarias. Na súa opinión, “sería incalificable que por terceira vez perderamos eses fondos europeos,e do que nos dependa non imos permitir que iso suceda”. O alcalde amosouse convencido de que “todos os grupos da oposición pecharán filas con nós, para tratar de acadar o mellor financiamento que sexa posible, pero aproveitando eses 37 millóns de euros, unha cifra moi semellante á que tiñamos concedida no ano 2007-2013 (38 millóns de euros).
O seguinte paso, explicou “será falar cos demais grupos, e sacar adiante o convenio. A partir de aí producirase a adxudicación en paralelo á empresa que se vai facer cargo da EDAR e a tramitación da autorización medioambiental, que esperamos quede resolta ao longo do ano 2021”. O alcalde recordou que ademáis da EDAR da Silvouta, hai outro proxecto que está incluído neses Fondos de Reconstrucción Europea: a estación do tren de alta velocidade. “Dous proxectos, realmente estratéxicos para a cidade”, engadiu.
CONTAXIOS
A preguntas dos xornalistas, o alcalde amosou a súa preocupación ante a posible prolongación das restricccións anticovid na cidade. “O xerente do Sergas puxo como condicións que Santiago baixara dos cen casos activos” para suavizar as restriccións. Eu non sei se baixaremos ou non, pero imos camiño diso. Os datos de onte sitúannos en 169 e descendendo”. Sánchez Bugallo non conta “cun levantamento total, nin con unha volta á normalidade, pero espero que se poidan adoptar medidas que permitan algunha flexibilidade en temas como pode ser a hostalería”.
Sobre os peches perimetrais, indicou que “imos respectar, acatar, cumprir e facer cumprir as decisións que deriven do Comité Clínico”. Recorda que comunidades como Madrid ou Cataluña, “moito máis afectadas ca Galicia, “están apostando por un peche perimetral. Non sei se esa fórmula é válida ou non na nosa comunidade. En todo caso, é bastante inevitable toda vez que Asturias, Castela e León e Portugal están apostando por eses peches perimetrais. Non sei se iso permite algunha revisión”, reflexionou.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela