Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela


O alcalde cre que un dos obxectivos desta medida é evitar “os desprazamentos aos cemiterios”. Calcula que aproximadamente o 50 por cento da poboación de Santiago procede doutros municipios e polo tanto, engade, “é común que os seus ancestros estean enterrados noutras localidades”. O alcalde pide a poboación que colabore e que cumpra a normativa.
A Sánchez Bugallo “parécelle sensato” que Santiago, Ames e Teo funcionen como unha unidade, “porque hai tal nivel de integración entre os tres concellos que é moi difícil establecer unha separación. O alcalde recoñece que para conter a pandemia, “estanse tomando medidas importantes e moi duras, como as relacionadas cos convivintes”. Explica, que segundo os datos que lle pasaron, o “80% dos contaxios estanse producindo no ámbito familiar. Temos que ser coidadosos tamén nese ámbito. Temos que protexer á nosa propia familia, porque a familia é algo máis que os convivintes”. Tamén indicou que na hostalería, a porcentaxe de contaxios é do 1%, “non parece que sexa hoxe o principal risco, igual que ó ámbito laboral”. O problema é, engade, “aqueles ámbitos nos que nos relaxamos e nos que non respectamos as medidas de seguridade. Temos que ser todos prudentes, responsables, e temos que traballar todo conxuntamente”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela