Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou hoxe que o goberno municipal non recibiu, de momento, “proposta concretas” dos grupos da oposición para incorporar ao borrador de orzamentos de 2021. Na rolda de prensa dos venres anunciou que traballa “coa hipótese de facer un pleno extraordinario o 12 de marzo, ao que deberían ir os presupostos e a modificación do PXOM”. Aínda que aclara, “se vemos que hai acordos con algún grupo concreto que faciliten a súa aprobación”, igual se poden levar despois a pleno. “Se non hai avances concretos, manteremos o calendario”.
A preguntas dos xornalistas, o alcalde referiuse á proposta de Compostela Aberta, de adicar o 10% dos orzamentos a axudas sociais. Sánchez Bugallo recordou que “esa proposta, a nós non nola presentou. De momento non recibimos ningunha proposta concreta. Cando a recibamos, estudiarémola”. Sobre as manifestacións de CA de que falta 1,5 millóns para acadar esta procentaxe, o rexedor responde que iso “depende de que se considere gastos social”. E pregunta se o bonobús para as persoas sen recursos economicos, ou para persoas xubiladas. Se se considera gasto social, sinala, “estamos moi por enriba do 10%. Tampouco sei se as políticas de emprego as computan como gasto social”. Co que a maioría de persoas entende como gastos social, conclúe, “realmente supera ese 10%”.
O alcalde sinalou que Compsotela Aberta “ten moitísima información” sobre os orzamentos; “ten a documentación que habitualmente integra un presuposto”. En todo caso, avanzou, “o expediente completo recibirano a semana que ven, igual que todos os grupos. “con todos os informes. O único informe que falta é o de intervención municipal. A partír de aí nós escoitaremos as propostas dos grupos sabendo cal é o escenario orzamentario no que nos movemos. Pero a día de hoxe”, engade, “proposta concreta non recibimos ningunha”. Iso si, Sánchez Bugallo recoñece que se falou cos grupos, e que recibiron escritos, “pero non propostas concretas. O problema aquí non é ter ideas, e ter recursos económicos para poder financiar esas ideas. Partimos dun orzamento no que os ingresos son limitados, e as demandas sociais están disparadas”. Ogallá, sinala o alcalde, “poideramos chegar a todos ou aló menos a unha parte significativa, pero temos que establecer unha orde de prioridades”.
Fondos de Reconstrución Europea
O alcalde tamén se referiu á reunión mantida esta mañá, vía telemática, con Manuel de la Rocha, director do departamento de asuntos económicos e G20 do Gabinete de Presidencia do Goberno. Lembrou que Santiago na primeira fase conseguiu “que tres proxectos” estiveran incluídos nos fondos de reconstrución: a EDAR, a nova estación de Alta Velocidade, e o Plan de Sostibilidade Turística.
Nesta segunda fase, da que aínda non saiu a convocatoria, explicou que “nos estamos concentrando en catro ámbitos: a mobilidade, o medio ambiente, a dixitalización e a rexeneración e rehabilitación do tecido urbano”. Destaca Sánchez Bugallo que “equipos do concello están traballando desde hai semanas na preparación das propostas”, para que, en canto saian as convocatorias, presentarse. Unhas propostas que cualificou como “moi sólidas”, amosando o seu convencemento de que “unha parte destes proxectos obterán a financiación demandada”.
A preguntas dos xornalistas, sinalou que se está traballando en catro proxectos de mobilidade, susceptibles de presentar ás axudas: un vinculado co reparto de mercadorías na cidade histórica; o outro sobre áreas de estacionamento fóra do casco urbano, outro relacionado co transporte á demanda para as zonas do rural, e o cuarto é a adquisición de autobuses eléctricos para a zona histórica.
A presentación destes proxectos ás convocatorias dos fondos europeos de reconstrución dependerá das características da convocatoria.
O alcalde recordou que “Santiago, nestes proxectos pode ser vangarda de toda España. Ten unha rede de aparcamentos disuasorios, ten un equipamento informático que estamos instalando de control de accesos, que vinculado a unha organización do reparto de mercadorías, pode ser referencia a nivel estatal e mundial; e o tema de transporte á demanda vinculado á zona rural, paréceme que sería moi interesante”.
Axudas
O alcalde tamén anunciou que a nova convocatoria de axudas destinadas aos sectores máis afectados pola COVID 19 ascende, aproximadamente, a 2,5 millóns de euros: 900.000 destinados ao comercio, 700.000 á hostalería, 450.000 a empresas culturais, e 300.000 a bonos de consumo, aínda que esta última partida está “sen perfilar”. Sánchez Bugallo sinalou que ten previsto volver reunirse coas asociacións de comerciantes o vindeiro martes, día 23 de febreiro, para presentarlle un borrador “de bases da nova convocatoria”. “Imos intentar cumplir a súa petición de que sexan axudas directas”, afirmou. “Espero”, continuou, que nos fagan as contrapropostas que consideren oportunas”, e que a partir de aí” vaiamos aprobando todo para a liquidación dos orzamentos de 2020”.
Sánchez Bugallo recoñece que será necesario un pleno para aprobar que os 400.000 euro reservados a investimento de capital se poidan pasar a gasto corrente e destinar as citadas subvencións. Recordou que está previsto lanzar a terceira convocatoria de axudas na primeira quincena do mes de marzo “aínda que é preceptivo que antes de sacala estea aprobada a liquidación de orzamentos do ano 2020”.
Para o alcalde de Santiago, a principal preocupación, neste momento, é a “saúde dos nosos veciños e veciñas”; e a segunda, “cunha magnitiude extraordinaria, a preocupación pola situación económica dos sectores máis afectados e coas persoas que se atopan nun maior nivel de fraxilidade social”.
Neste sentido, Sánchez Bugallo amosou a súa “satisfacción pola evolución” da curva de contaxios da COVID, cunha incidencia acumulada que se situaba, onte, nos 233 casos por cen mil habitantes “e un número total de casos activos de 252, a terceira parte dos que tiñamos o pasado 27 de xaneiro”. Todo isto indicou, “é o resultado dun esforzo e dun sacrificio enorme”, xa que Santiago leva en peche perimetral desde o pasado 15 de decembro.
Aínda así, recoñece o alcalde, “é unha taxa de incidencia moi alta, pero non descontrolada (que é cando se coontabilizan máis de 250 casos por cen mil habitantes). A situación, engade, estase reconducindo “e estamos nun escenario mellor”, pero cómpre seguir baixando a curva epidemiolóxica. “Á espera do que decida o Comité Clínico e a autoridade competente, que imaxino, será unha desescalada lenta pero significativa”, o rexedor aconsella, “dar pasos seguros, e non dar pasos atrás”. O próximo obxectivo, continúa, “é baixar dunha incidencia de 150” casos por cen mil habitantes. Se a evolución continúa como ata o de agora, calcula que dentro dunha semana se acadará esa cifra.
Por outra bando, o alcalde asinou hoxe un decreto polo que se suspende o mercado de Fontiñas, que estaba previsto celebrar mañá sábado, día 20 de febreiro, na rúa París. A decisión tómase, segundo explicou en rolda de prensa, ante a alerta da Xunta de Galicia de fortes choivas, de 80 litros por metro cadrado e ventos con refachos de 100 quilómetros hora.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela