Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosouse preocupado polo incremento de positivos por COVID-19 rexistrados nos últimos días no concello compostelá. Segundo os datos aportados polo rexedor, neste momento o número de casos activos sitúase aproximadamente en 200 por cen mil habitantes, de promedio. O pasado venres, a cifra era de 180. “Non é unha subida dramática”, indicou, “pero si indica unha tendencia” á alza, nun momento, continuou, que vai debuxar o escenario futuro.
Por iso, o rexedor volveu apelar á responsabilidade “de todos”, sobre todo “fóra do horario no que permanece aberta a hostalería: festa en pisos, algun intento de botellón, etc.” Sánchez Bugallo asegura que si se logra conter a pandemia, frear esa subida de positivos, e mellorar as cifras, poderíanse “afloxar”, indicou, algunhas das restriccións. Se non é así, vaticionou medidas adicionais, “cousa que tería efectos negativos na economía da cidade, en determinados sectores económicos, como a propia hostelería, e desde logo na calidade de vida de moitos cidadáns que nada teñen que ver con determinados comportamentos irresponsables”.
Sánchez Bugallo sinalou que o pasado sábado lle pediu ao vicepresidente da Xunta que “a través da normativa autonómica permitise sancionar as festas de pisos, non só polas molestias causadas á veciñanza; se non pola ameaza á saúde que supoñen”. Segundo explicou, o vicepresidente informouno de que está previsto remitir “con caracter de urxencia” ao Parlamento de Galicia unha Lei de Sanidade, que o rexedor espera que se tramite por urxencia, e que “contemple unha subida significativa das multas”. Explicou que actualmente as sancións por incumplir a normativa en materia de ruidos son de 200 euros, se non se é reincidente. “Estamos vendo que esta sanción non é suficientemente disuasoria. Si a través da normativa sanitaria a puideramos elevar a 1.000 ou 1.200 euros posiblemente sería”, engadiu, máis convincente e polo tanto máis efectiva. O alcalde engadiu que a policía vai seguir actuando e que se van tramitar todas as denuncias.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela