Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
En relación a información difundida nos últimos días en distintos medios de comunicación sobre a ocupación dunha vivenda en Conxo, realizamos a seguinte aclaración:
-A vivenda que sae nas fotos non é unha vivenda ocupada. É unha vivenda en estado de ruina. O rexistro do Concello de Santiago recibiu un escrito por unha denuncia de ruina o 27 de xaneiro de 2022 ás 09:21 h, que foi enviado a Disciplina Urbanística. Neste momento estase tramitando un expediente polo que se lle vai requirir á propiedade o derrubo inmediato deste inmoble. No caso de que non sexa executado pola propiedade, unha vez transcorrido o prazo administrativo previsto (15 días hábiles), será o propio Concello o que actúe de forma subsidiaria. Desde o departamento de Disciplina Urbanística estase actuando na zona. Xa se tiraron tres edificacións en ruina, e está previsto actuar sobre máis inmobles.
– Nese barrio si hai unha vivenda ocupada. Sobre ela hai unha denuncia presentada pola propiedade que está pendente de resolución xudicial; polo que quedaría fora das competencias municipais. En relación a esta vivenda, no Concello de Santiago recibiuse unha queixa dunha veciña o 22 de xaneiro de 2020. A tal efecto, tivo lugar unha reunión na Comisaría da Policía Nacional á que asistiron, entre outros, unha representación da Asociación de Veciños de Santa Marta, o comisario-xefe da CNP en Santiago, o xefe da Policía Local, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro. A partir de aí reforzouse a vixiancia policial na zona, co obxectivo de previr calquera delito. No Concello non hai constancia de que se denunciase ningún delito nos últimos meses nesa zona.
Tampouco constan máis escritos dirixidos ao Goberno Municipal sobre estes inmobles.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela