Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Nota aclaratoria sobre a proposta de acordo de establecemento de réxime de fiscalización e intervención limitada previa de requisitos básicos como procedemento para o exercicio da función interventora sobre dereitos e ingresos da entidade local.
A proposta de acordo que se somete á consideración do pleno do luns, día 31, ven a dar cumprimento ao RD 424/2017, polo que se establece o réxime de control interno das entidades do sector público local, regulando nun único documento o exercicio da función interventora sobre dereitos e ingresos da entidade matriz do concello de Santiago de Compostela e do OOAA (Organismo Autónomo) Auditorio de Galicia.
Así sométese á consideración do pleno a proposta de acordo con tres puntos:
1. Aprobar a substitución da fiscalización previa de dereitos e ingresos da Tesourería do Concello, do OOAA auditorio de Galicia, pola inherente á toma de razón en contabilidade e o control posterior mediante o exercicio do control financeiro. Salvo para a fiscalización previa de compromisos de ingresos derivados de subvencións e transferencias de terceiros. Respecto da fiscalización limitada previa de dereitos e ingresos da Tesourería do concello e do OOAA Auditorio de Galicia (e das entidades do sector público suxeitas á función interventora no futuro que puidesen existir), xa se atopa xa regulado nas bases de execución, pero acórdase novamente o seu establecemento neste acordo.
2. Aprobar o réxime de fiscalización e intervención limitada previa de requisitos básicos, sobre gastos e obrigacións, para o exercicio da función interventora no concello e no OOAA Auditorio de Galicia.
3. Deixar sen efecto a regulación contida nas bases de execución do orzamento vixente ou en calquera norma ou instrución de carácter interno que se opoñan a este acordo.
Con esta proposta de acordo:
– Regúlase nun único documento o exercicio da función interventora sobre dereitos e ingresos da entidade local. Isto é importantísimo porque se acaba coa dispersión que existía na regulación prevista nas bases de execución do orzamento e, sobre todo o que é mais importante, para cada tipoloxía de gasto (persoal, conratación, transferencias, subvencións e axudas sociais, convenios de colaboración, expedientes urbanísticos, gastos financeiros, etc) detállanse claramente os aspectos que se van a revisar no exercicio desa función interventora. Con este acordo concrétase e amplíase o detalle do alcance da fiscalización limitada previa (á totalidade dos gastos e obrigas do concello e do OOAA Auditorio de Galicia), e mellórase tecnicamente dotándoo dunha maior claridade. Para cada tipoloxía de gasto, revisaránse os extremos que se relacionan nas fichas de control que se achegan como anexo á proposta de gasto. Estas fichas de control permiten que os centros xestores sexan coñecedores dunha forma mais sistemática de todos aqueles extremos considerados de básico cumprimento para que o expediente poida ser inicialmente aprobado.
– Propíciase unha xestión mais eficaz (permite reducir o prazo actual da fiscalización para expedientes de máis de 500.000 de euros), homoxénea e transparente do control interno desta administración local.
– A extensión da fiscalización limitada previa a todo os gastos do concello e OOAA e ingresos do concello e OOAA, permitirá mobilizar recursos e implantar o control financeiro permanente no concello e no OOAA Auditorio de Galicia e a auditoría de contas, de cumprimento e operativa no conxunto da administración institucional que forma parte do perímetro de consolidación do concello de Santiago de Compostela. Neste sentido o mes que ven darase conta ao pleno da corporación municipal do plan anual de control financeiro elaborado pola intervención municipal, que recollerá as actuacións de control permanente e auditoría pública a realizar durante o exercicio do amparo do RD 427/2017. Darase conta tamén ao pleno da corporación, dos informes definitivos de control financiero.
En conclusión, en absoluto se elimina inseguridade xurídica. Mais ben ao contrario. A fiscalización segue a existir sempre e en todo momento. A extensión da modalidade de “limitada previa”, permitirá mobilizar recursos para a implantación do control financiero permanente. Algo bastante novidoso no conxunto das administracións locais.
Dicir tamén, con esta proposta, estase dando cumprimento ao regulamento de control interno das entidades locais; algo que Compostela Aberta non fixo nos seus catro anos de lexislatura.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela