Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
A parlamentaria autonómica polo PSdeG, Noa Díaz, acusou ao deputado popular, Borja Verea, de “absoluto descoñecemento da xestión municipal”, ao PP de non ter proxecto para a capital de Galicia, “so bocetos, papel mollado, mal pensado e mal trazado”; e á Xunta de “deslealdade institucional” ao tomar decisións “de costas ao goberno municipal”. Foi na reunión da “Comisión segunda de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos”, celebrada nas últimas horas no Parlamento de Galicia, nunha resposta á iniciativa presentada polo Grupo Parlamentario Popular sobre “as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto dos investimentos para a implantación de sendas peonís e ciclistas na área metropolitana de Santiago.
Noa Díaz aclarou que o debate da proposición debería ter sido no Pleno Municipal”, pero, engadiu, dirixíndose a Verea, “nótase que está vostede en campaña, e ven aquí, a empregar o Parlamento de Galicia, para facer política local”. “Non ten nin idea do que está a falar”, sinalou, “demostra un absoluto descoñecemento do que está pasando aquí”. “Sorprende”, continuou, que a Xunta presente actuacións no casco urbano de Santiago, sen contar co Concello de Santiago, pero si coordinadas aparentemente cunha determinada formación política que no Parlamento pretende substituir o labor municipal”, algo que lembrou, tamén denunciou no seu día o alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo. Díaz agraeceulle que recoñecera, que entre os anos 2011 e 2015 non fixo nada nesta materia”.
Noa Díaz recordóulle a Verea que “unha mentira repetida varias veces non se vai converter en verdade. O que me asombra é que vostede, que aspira a ser alcalde desta cidade, supoño que froito do seu nerviosismo porque as ensquisas non lle dan o resultado que agarda, veña aquí a falar, a mostrar o absoluto desecoñecemento que ten da xestión municipal. O Concello de Santiago sí que está a traballar nesta materia, pero hai que facelo ben”. En concreto, Díaz lembrou “a necesidade de estudos e diagnoses, antes de por en marcha un proxecto”. Citou o de 2020, “Estudo base para a definición do estado actual do uso da bicicleta en Santiago de Compostela e da capacidade de acollida de desprazamentos ciclistas da rede viaria existente”, e o realizado en 2020/2021, “Deseño dunha rede de itinerarios sostibles para a redución da pegada de carbono para a cidade de Santiago de Compostela” “O Goberno Municipal de Santiago de Compostela, fai as cousas ben”, engadiu, “con proxectos cribles e rigorosos” que traballan a mobilidade sostible. E non o que vostedes formulan, que non é máis que trazar sendas peonís e ciclistas por sendas de recreo”. Sendas, continuou, “ou que xa existen, ou que xa están proxectadas polo propio Concello”.
A deputada socialistas preguntoulle a Verea sobre “o proxecto que teñen vostedes para a cidade? Vostedes non teñen un proxecto, teñen un boceto. O que teñen é papel mollado, mal pensado, e ademais tamén mal trazado. O actual goberno municipal non só ten proxecto para a creación desa vía alternativa, tamén ten interlocución directa co outro concello afectado”, Ames. “Está vostede dicindo mentiras e non por moito dicilas, se van converter en verdade”, subliñou.
Noa Díaz tamén lle lembrou ao Grupo Parlamentario Popular que “o Real Padroado do Consorcio de Santiago, do que vostedes forman parte, está pendente da achega para a infraestrutura verde da cidade. Á que vostedes tamén deron o seu visto bó”. E recordoulle que o proxecto da Xunta “é incompatible” con estratexia de “renaturalización dos espazos verdes da cidade, poque pretenden vostedes botar cemento para as súas sendas onde se prevén máis espazos verdes”.
Noa Díaz preguntoulle a Verea sobre onde estaba a súa “coherencia ou esa querencia coa mobilidade sostible”, cando “absolutamente ningún dos proxectos en execución do goberno galego, ou xa rematados, de mellora dos Camiños de Santiago na súa entrada á cidade contempla o carril bici”. E, engadiu, “a asociación Composcleta xa marcou, cando menos, tres puntos negros nas obras que fixeron vostedes” na Avenida de de Lugo. “Non hai nin un só carril bici nos proxectos da Xunta” para Santiago, e “agora ven aquí a falar de mobilidade sostible. Eses proxectos eran seus: do goberno do Partido Popular”. “Eu comprendo as súas ansias de chegar á alcaldía de Santiago”, continuou, pero “prégolle que o faga con maior seriedade”.
A parlamentaria socialista tamén lle respondeu a “prioridade de realizar investimentos na cidade, á que se referiu o deputado popular na súa intervención. Noa Díaz lembroulle que “vostede e o seu grupo votaron en contra do incremento da achega pola capitalidade e de todas as emendas que o grupo socialista formulou os orzamentos para este exercicio reclamando investimentos serios, necesarios e urxentes para esta cidade. E vostede é responsable diso”.
Noa Díaz tamé se referiu á “lealdade institucional”. “Mentras o Concello de Santiago formalizou xa a preceptiva solicitude para o proxecto que discorre entre Volta do Castro, e a rotonda do Milladoiro, resulta que no Pazo de Raxoi non teñen ningúna solicitude para o seu proxecto, que descoñecemos, que discorre na súa práctica totalidade por vías de titularidade. É iso é inxerencia institucional, é inxerencia nas competencias”, engadiu. “Resúltanos asombroso a decisión do goberno galego de presentar eses proxectos de costas ao goberno municipal. Unha falla de colaboración que os proxectos da Xunta non sexan os máis idóneos ou que xa os estea executando o propio Concello de Santiago, como acontece con esta senda peonil que trai vostede aquí”. A deputada socialista lembroulle a Verea que o Parlamento de Galicia é o órgano de control da acción do Goberno da Xunta” e non do Goberno do Concello de Santiago”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela