Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
A eliminación da bonificación do 10% do canon do lixo de Sogama chega “no peor momento”. Son as palabras coas que a concelleira de Políticas Sociais e Medio Ambiente, Mila Castro, rexeita a decisión adoptada pola Consellería de Medio Ambiente de eliminar esta bonificación para o próximo curso. Explica Castro, que no Concello de Santiago a bonificación supuña un aforro de arredor de 275 mil euros que se descontaban na factura do lixo de novembro e decembro aos contribuíntes.
A decisión farase efectiva o próximo ano. No Concello de Santiago, os contribuíntes notaban un descenso na súa factura do lixo nos meses de novembro e decembro, que era cando, coa transferencia por parte de Sogama dese desconto do 10% se aplicaba unha rebaixa no imposto que pagan as familias.
Unha bonificación que, recorda a concelleira, “estaba ligada a que os concellos promoveran a reciclaxe e a redución dos residuos”. Insiste Castro en que “agora, de repente, parece que a política ambiental non está entre as prioridades da Xunta de Galicia” eliminando un incentivo para traballar na senda verde da conciencia medioambiental. Algo que se agrava ademais tendo en conta o contexto económico actual “entendemos que non é o momento máis indicado, cos tempos que estamos a vivir” pois era unha medida que “axudaba a aliviar a presión das economías familiares”.
Mila Castro insiste en que se trata dunha decisión desacertada e “como Concello imos insistir, imos traballar, para que a Xunta rectifique”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela