Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Grupo Socialista tomará a decisión sobre se formar ou non parte do novo goberno “en interese da cidade, como se fixo sempre”. Non hai nada que poida alterar ese obxectivo”, nun proceso de negociación que cómpre “tratalo con serenidade e pasiño a pasiño”. Aseguróuno Mercedes Rosón nas declaracións posteriores á reunión mantida co Grupo do BNG, na que tamén estiveron presentes Mila Castro, Sindo Guinarte e Gonzalo Muíños. “O Partido Socialista de Santiago estará á altura das circunstancias, e sempre pensando nos veciños e veciñas de Compostela”, afirmou.
20230608 Audio Roson_Contactos BNG goberno 2
“Un pacto de goberno esixe unha reflexión colectiva das cuestións a discutir, con tranquilidade”, polo que, engadiu, “tomar unha decisión desta envergadura non é tarefa fácil. Xa o dixemos a semana pasada. Somos paritarios en número de concelleiros… De chegar a un acordo tería que garantir avances nos grandes retos que temos pendentes” na cidade.
Mercedes Rosón sinalou que “foi unha reunión intensa e fructífera, en continuidade co marcado a semana pasada”. Un encontro no que se trataron “as liñas referidas aos intereses de Compostela”, que pasan “polo programa, polos grandes retos e compromisos que temos, e polos temas urxentes que cómpre abordar”; e que, informou a concelleira electa, terán continuidade nunha nova reunión convocada, en principio, para a semana que ven.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela