Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2023. As tres asociacións de hostalaría que este xoves se reuniron coa alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo coincidiron en cualificar o encontro de “tenso”. Unha reunión ante a que a alcaldesa evitou facer declaracións nunha actitude “sen precedentes” segundo denuncian desde o grupo socialista. Mercedes Rosón critica que a alcaldesa se “negara a responder preguntas” e, en cambio, enviasen horas despois “un audio pregravado do concelleiro que tan sequera fala da reunión, senón dos plans do goberno”, unha actitude, censura, “semellate ao de dónde vienes, manzanas traigo”.
A polémica chega despois de que o bipartito anunciase un “plan de inspeccións dos locais de ocio nocturno”. Un anuncio sobre o que os socialistas preguntaron no pasado pleno municipal cualificándoo de “alarmista” e “baleiro de contido” xa que, segundo explica Rosón, desde o departamento de Urbanismo fanse inspeccións rutinarias de xeito periódico e, “anunciar un plan como este, contribúe a xerar unha alarma social innecesaria e podería interpretarse como unha emenda ao traballo que fai o departamento de xeito diario”.
A que fora responsable de Urbanismo durante o goberno socialista afeoulle a Sanmartín que “goberne sen dar explicacións e a golpe de anuncios” e lamenta que “desta vez o marketing da alcaldesa contribuíu a crear alarma social e, agora, crispación pública e indignación dentro do sector hostaleiro”: “é o que pasa cando se lle da carácter extraordinario ao que debe ser un traballo ordinario”.
Insiste en que “a prioridade é a seguridade” mais, ante a “crispación que eles mesmos crearon” insta a dialogar co sector en busca de solucións, “ese diálogo que tanto clamou desde a oposición”. Subscriben ademais desde o grupo socialista a solicitude das tres asociacións de hostalaría que reclama a constitución dunha mesa sectorial co sector ao tempo que instan a Sanmartín a actuar con transparencia “xa que se está convertendo en muletilla iso de ‘non se admiten preguntas’”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela