Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, valorou hoxe de xeito positivo o informe favorable da Xunta de Galicia á modificación do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) de regular os pisos turísticos. Está previsto que a citada modificación se leve a pleno a principios de marzo para a súa aprobación.
Mercedes Rosón sinalou que estaban esperando ese informe, “que nos vai permitir aprobar, a principios do próximo mes, o documento inicial da modificación do PXOM en materia de usos para ordenar e xestionar todo o tema da vivenda de uso turístico, nas zonas e ámbitos nas que neste momento están suspendidas as licenzas”. A supensión por un ano, decretada a finais de 2019, prorrogouse a causa dos tres meses de paralización administrativa por mor do estado de alarma.
O prazo desa suspensión sinala remata o mediados de marzo, polo que “uns días antes levaremos ao pleno do concello ese documento de aprobación inicial”, segundo avanzou Mercedes Rosón.
A preguntas dos xornalistas, Mercedes Rosón tamén despexou as dúbidas xurdidas na implantación da fibra óptica. Explicou que “neste momento está moi avanzado o despregue nas sete fases autorizadas, e xa se están dando altas desde hai dúas semanas”, polo que recomendou ás persoas interesadas “que se poñan en contacto coas operadoras”.
A concelleira realizou estas declaracións na presentación do libro Espazos de Rosalía en Compostela. Un paseo por Santiago con Rosalía de Castro, na que estivo acompañada da autora do texto, Mercedes Espiño. A publicación, da que se editarán mil exemplares, ve a luz grazas á colaboración entre o Concello e a Agrupación Cultural O Galo. Preséntase en febreiro, o mes de Rosalía, co obxectivo de coñecer, difundir e visibilizar a relación que a escritora mantivo coa cidade.
Emisión da presentación de Mercedes Rosón e Mercedes Espiño
Nota*. Ao final da gravación, a partir do minuto 28 aproximadamente, está a resposta de Mercedes Rosón as dúas preguntas que figuran no texto anterior.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela