Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Critica que se poña “en contra da cidade para respaldar ao seu partido” ao reclamar que o Concello financie con máis de 4 millóns de euros un aparcadoiro “que a Xunta quere construír nunha parcela da propia Xunta”.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023. “A actitude do señor Verea é dunha completa falta de lealdade cos contribuíntes de Santiago” denuncian desde o grupo socialista, en relación ao aparcadoiro alternativo que propuxo a Xunta coa condición de que o Concello aporte 4,2 millóns de euros para a súa construción. Critica Mercedes Rosón que Verea se poña ao carón da administración autonómica nesta solicitude “en lugar de demandar que sexa o goberno galego quen financie a construción dun aparcadoiro “nunha parcela que é da Xunta”.
Explica a edil socialista que o aparcadoiro daría servizo aos “450.000 galegos e galegas que son usuarios do CHUS” e non “aos veciños de Santiago que son a minoría”, xa que supoñen tan só o 22% da área sanitaria á que da servizo o Clínico. Denuncia que o que defende o portavoz dos populares é “que o Concello actúe cos fondos que aportan os veciños de Santiago, ante a deixadez da Xunta”.
“O que fai o señor Verea é poñerse en contra da cidade para respaldar o seu partido” critica Rosón que insiste en que se trata dunha cuestión de “lealdade”, recordándolle que “foi elixido para representar á veciñanza de Santiago e defender os seus intereses, non para seguir funcionando de portavoz da Xunta de Galicia do Partido Popular”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela