Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Alcalde de Santiago de Compostela. Con competencias en Promoción Económica, Emprego, Mercados e Comercio. Portavoz da Xunta de Goberno.
Nacín na localidade coruñesa de Teixeiro, o 31 de xaneiro de 1954. Cheguei a Santiago en 1961, e en 1983 comecei a miña vida política como xefe de gabinete de Xerardo Estévez. Durante once anos, entre 1987 e 1998, fun concelleiro socialista á fronte de Deportes, Relacións Veciñais, Tráfico e Seguridade Cidadá, Persoal e Réxime Interior e Facenda, entre outras áreas; asumindo tamén, durante un período de tempo, a portavocía municipal. De 1991 a 1999 fun deputado provincial, levando, entre 1991 e 1995 as áreas de Persoal e Réxime Interior.
Accedín á alcaldía de Santiago en 1998, despois da renuncia de Estévez. As eleccións municipais de 1999, 2003 e 2007, leváronme a gobernar Compostela durante tres lexislaturas consecutivas. Presenteime ás eleccións autonómicas en 2012 polo PSdeG-PSOE, obtendo un escano e pasando a ser, ata 2016, deputado no Parlamento de Galicia. Como parlamentario presidín a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos; e fun portavoz da Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda.