Mercedes Rosón Ferreiro

Mercedes Rosón Ferreiro

Concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica. Concelleira de Acción Cultural. Concelleira de Igualdade. Primeira tenente de alcalde.

Subdirectora da Área de Cultura do Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, e responsable da Fonoteca universitaria dende finais dos anos oitenta; centrando fundamentalmente a miña actividade nos ámbitos da xestión e produción de música, de exposicións, artes plásticas e xestión do patrimonio histórico-artístico e a música. Durante oito anos, de 2003 ao 2011, fun concelleira no goberno municipal, ocupando as áreas de Cultura, Rehabilitación e Cidade Histórica, Centros Socioculturais, Urbanismo, Vivenda, e Educación. En 2011 retomei o meu traballo na universidade, traballo que compaxinei coa actividade política como concelleira do PSdeG-PSOE na oposición do concello compostelá ata o 2 de decembro de 2017. Á marxe da actividade profesional, formo parte de diferentes colectivos veciñais, sociais e culturais.

PARTICIPA