Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Engade que “tan pronto como tivemos un borrador puxémonos en contacto cos grupos municipais. Non entendo o que din de falta de negociación. O venres pasado puxémonos en contacto cos tres”, en referencia a PP, Compostela Aberta e BNG, “polo que non entendo esa apreciación e non a comparto en absoluto”, engadiu. Nese encontro, tanto a concelleira Marta Abal, como o portavoz do grupo socialista, Sindo Guinarte, pedíronlle que ás tres formacións que lle trasladasen as súas propostas. E este mesmo martes, a concelleira trasdadoulle información máis precisa sobre as contas a cada un dos grupos, acompañada dun arquivo con datos, indicadno que está a súa disposicion para calquera aclaración ou matización que puidera xurdir. “A nosa idea”, afirma, “é acadar algún tipo de acordo, e creo que o imos lograr”, porque, sinala, son uns “orzamentos importantes para o concello de Santiago”. Marta Abal espera chegar ao pleno febreiro cun acordo pechado.
ORZAMENTOS
O orzamento do Goberno local para 2020 ascende a case 117 millóns de euros. Destacan o incremento do gasto social e dos investimentos. As contas entran agora na fase de negociación co resto de grupos municipais, co obxectivo de levalos a pleno no mes de febreiro.
O orzamento elaborado polo Goberno municipal alcanza case os 117 millóns de euros, o que supón un 6% máis que en 2019. Nesta cantidade inclúese un importante incremento do gasto social, que se sitúa en máis de 4,6 millóns de euros (un 10% máis que en 2019). Segundo explicou a concelleira, o maior aumento neste apartado derívase do Servizo de Axuda no Fogar, cun millón de euros máis, ata situarse nos tres millóns.
Marta Abal tamén salientou o incremento na área de Educación, cun orzamento de 4,7 millóns de euros (un 17% máis que en 2019). Esta suba ten a súa causa principal nos incrementos dos contratos de xestión da Escola Municipal de Música, do servizo de limpeza e conserxería de centros escolares e da xestión das escolas infantís municipais.
Un apartado do orzamento que acaparará unha importante suba, en torno ao 20%, é o dos que a concelleira chamou “grandes contratos”. En particular, Marta Abal referiuse aos novos contratos do servizo de limpeza viaria e recollida do lixo ou do servizo mantemento de zonas verdes, que se prevé adxudicar no último trimestre do ano e cuxos prezos haberá que actualizar despois de varios anos de vixencia. No caso do contrato de parques e xardíns, o contrato tamén recollerá unha ampliación dos ámbitos incluídos, que supón igualmente un incremento da partida.
As prestacións culturais tamén rexistrarán un incremento, que Marta Abal cifrou nun 3% máis respecto a 2019. Finalmente, destacou o incremento na área de Comercio, Promoción Económica e Mercados, con máis de 1,1 millóns de euros (un 38% máis que en 2019) destinados á dinamización económica da cidade.
O capítulo 6 de investimentos, que corresponde executar directamente ao Concello, alcanza os 14,5 millóns de euros, incrementándose case un 160 por cento respecto ao do ano anterior. Salientan as partidas destinadas aos proxectos europeos Smartiago, con máis de 1,1 millóns de euros, e Edusi, con 2,9 millóns de euros.
Neste capítulo tamén son significativas as partidas destinadas á restauración de muros, ao selado do vertedoiro de Aríns, á reurbanización de Concheiros (incluída no convenio de mellora das entradas dos Camiños de Santiago e orzamentada en 1,6 millóns de euros) ou os estacionamentos previstos no Castiñeiriño ou Altiboia (400.000 e 200.000 euros, respectivamente). Tamén neste apartado se inclúe o acordo plenario sobre o Plan Director das Instalacións Deportivas Municipais (500.000 euros). Finalmente, a concelleira de Economía e Facenda destacou o importante esforzo orzamentario para a mellora do rural de Compostela, cunha previsión de gasto de máis de 2,8 millóns de euros.
O apartado de investimentos, recalcou Marta Abal, incrementarase sensiblemente grazas ao cumprimento do período medio de pago, o que permitirá destinar remanente de tesourería a gastos financeiramente sostibles.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela