Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Mañá, 22 de setembro, retómase o ciclo “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”, organizados pola Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, coa conferencia “A actual situación económica”, impartido por Xaquín Fernández Leiceaga, ex-portavoz socialista no Parlamento de Galicia e Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela. Este cuarto faladoiro, igual que os anteriores, terá lugar ás 19:30 h na Casa do Pobo, situada na rúa de Ramón Cabanillas, número 6.
A conferencia coincide nun momento crítico a nivel económico, despois da crise derivada da pandemia, agravada agora pola agresión de Rusia a Ucraína. Fernández Leiceaga analizará a actual situación, caracterizada pola suba dos prezos, e responderá ás preguntas formuladas polas persoas asistentes, nun debate aberto á cidadanía.
Conversas coa cidadanía
“Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” é un ciclo de faladoiros organizados pola Agrupación Socialista de Santiago de Compostela nos que se abordan distintas temáticas que están na axenda informativa e que afectan directamente á veciñanza de Santiago. Todas elas son abertas para quen desexe asistir, e celébranse na Casa do Pobo, localizada na rúa de Ramón Cabanillas, 6 entrechán D., aquí en Santiago de Compostela.
O anterior faladoiro tivo lugar o pasado 21 de xuño, e nel, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto aou seu equipo de goberno, analizou os tres anos de mandato socialista. Tres anos de goberno caracterizados por unha pandemia a nivel mundial, que derivou nunha crise sanitaria e nunha crise económica, que obrigaron a cambiar a orde de prioridades do goberno de Sánchez Bugallo, para dar resposta ás necesidades cambiantes e máis perentorias da cidadanía. Destacou, na súa intervención, as actuacións de apoio aos sectores económicos máis gravemente afectados; e o mantemento dos servizos públicos en circunstancias moi diferentes ás que viñan sendo habituais e para as que estaban concibidos.
De xeito paralelo o goberno de Sánchez Bugallo seguiu avanzando no cumpriento dos cinco puntos incluídos nos acordos do Foro Cívico: industrialización, intermodal, infraestruturas, EDAR, e reforma e modernización da administración local; así como nos obxectivos marcados para a construción dunha cidade de futuro, dunha cidade de oportunidades.
O pasado dous de xuño tivo lugar a segunda das conversas do ciclo, impartida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, baixo o título “Plan de recuperación do Goberno: oportunidades para cidadanía e concellos”.Despois da introdución de Sánchez Bugallo, Miñones explicou as contías e mecanismos de axudas procedentes dos fondos Next Generation, centrándose nas áreas de vivenda, rexeneración urbana, fibra óptica, e dixitalización de empresas; e pediu aos concellos que informen á poboación das mesmas, co obxectivo de que se executen todos estes fondos que está recibindo Galicia.
O primeiro dos faladoiros xirou arredor das consecuencias da guerra en Ucraína, provocada pola invasión rusa, que según puxeron de manifesto a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela; e o concelleiro de Relacións Institucionais do Concello de Santiago, Sindo Guinarte, está cambiando o escenario xeopolítico mundial con graves consecuencias humanitarias e económicas.
A temática da proxima cita de “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” versará sobre a Axenda 2030 e os retos que plantexa.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela