Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Nun encontro coa veciñanza o alcalde fixo balance das actuacións levadas a cabo na zona de Amio e San Lázaro e destacou a aposta social do goberno durante a crise: “houbo inversións que tivemos que aprazar porque tivemos que destinar recursos para apoiar aos sectores productivos máis vulnerables, pequenos comercios e, incluso, dar de comer a milleiros de familias”.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023. Sánchez Bugallo reuniuse onte no Centro Sociocultural de Amio-San Lázaro para coñecer de primeira man algunhas das necesidades da zona, ao tempo que destacou as inversións realizadas. O concelleiro de Obras, Gonzalo Muíños explicou que de xeito inmediato se comezarán a asfaltar catro rúas : rúa de Amio, rúa de Seoane, rúa da Carballa e rúa de Forniños. Estas actuacións supoñen unha inversión total de 93.835,98 euros, cunha superficie total de actuación de 4.385 metros cadrados.
Xa o pasado ano, recalcaba Muíños, asfaltáronse a rúa da Griña de Amio e a rúa da Campiña. “Tamén se mellorou a drenaxe das augas pluviais na rúa da Carballa, cunha inversión superior aos 30.000 euros e eliminouse o embolsamento de auga na curva da Travesa da Campiña.
Sobre a chegada do saneamento, a pesar da paralización do contrato da auga por oposición dos grupos da corporación, que supuña unha inversión total superior aos 30 millóns de euros no rural e na zona periurbana; explicaba Muíños que se ampliou a rede de abastecemento na rúa da Nogueira de Mallou e está en marcha un proxecto para a súa ampliación na rúa da Mira e outras.
Ademais, Sánchez Bugallo explicou que na contorna de Amio e San Lázaro investiuse en mellorar os equipamentos municipais, destinando preto de medio millón de euros á renovación do céspede sintético do campo de fútbol do Sergas, coas melloras proxectadas no estadio Verónica Boquete e rehabilitando a antiga escola unitaria de Amio “ademais, cambiándolle o uso, destinando o espazo ao desfrute da veciñanza”.
No encontro participaron ademais do alcalde e o concelleiro de Obras, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; e a concelleira de Facenda, Marta Abal.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela