Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O vindeiro xoves, 2 de xuño, ás 19:30 h, terá lugar a segunda das “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”, baixo o título “Plan de recuperación do Goberno: oportunidades para cidadanía e concellos”. Será impartida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen informará sobre a estratexia para canalizar os fondos europeos Next Generation, destinados a reparar os danos provocados pola crise da COVID-19 a través de reformas e investimentos, co obxectivo de construir un futuro máis sostible. O faladoiro terá lugar na Casa do Pobo na rúa de Ramón Cabanillas, 6; e será aberto ao público.
En xullo de 2020, o Consello Europeo acordou un instrumento excepcional de recuperación temporal coñecido como Next Generation EU (Próxima Xeración UE) dotado con 750.000 millóns de euros. O Fondo de Recuperación garante unha resposta europea coordinada cos Estados Membros para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais da pandemia. Neste faladoiro, José Miñones explicará que parte destas axudas se lle asignaron ao noso país, que proxectos estratéxicos abarcan, quen pode solicitalas, e que condicións se deben cumprir para optar ás mesmas.
Conversas coa cidadanía
“Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” é un ciclo de faladoiros organizados pola Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, abertos ao público, e nos que se abordan distintas temáticas que están na axenda informativa e que afectan directamente á veciñanza de Santiago.
A terceira destas conversas está programada, en prinicipio, para o 15 de xuño. A temática versará sobre os tres anos do actual goberno socialista en Santiago de Compostela. Estarán presentes o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o seu equipo de goberno. Farán balance dos tres anos de mandato e responderán as preguntas que lles formulen as persoas asistentes.
A temática das “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” escollida no mes de setembro é a actual situación económica. Nelas participará Xaquín Fernández Leiceaga, ex-portavoz socialista no Parlamento de Galicia e Doutor en Economía por la Universidad de Santiago de Compostela. Tamén está previsto falar sobre a Axenda 2030 e os retos que plantexa, xa no último trimestre do ano; e sobre outros asuntos de actualidade, que se irán concretando en proximas reunións da Executiva.
O primeiro dos faladoiros xirou arredor das consecuencias da guerra en Ucraína, provocada pola invasión rusa, que según puxeron de manifesto a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela; e o concelleiro de Relacións Institucionais do concello de Santiago, Sindo Guinarte, está está cambiando o escenario xeopolítico mundial con graves consecuencias humanitarias e económicas.
José Manuel Miñones Conde. Biografía
Nado en Santiago de Compostela (A Coruña), o 17 de xullo de 1972, foi nomeado delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia por Real Decreto 209/2021, de 30 de marzo, é Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o doutoramento na mesma especialidade con Premio extraordinario. Foi investigador do programa autonómico “Parga Pondal” de 2005 a 2011 así como profesor contratado no Departamento de Química e Física con docencia na Facultade de Farmacia da USC.
No ámbito político, foi concelleiro no concello de Ames (A Coruña) e alcalde do mesmo entre 2015 e marzo de 2021, cando foi nomeado delegado do Goberno. É membro da Comisión de mobilidad e accesibilidade da Federación Española de Municipios (FEMP) desde 2016.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela