Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 17 de maio de 2023. “Un factótum da cultura galega” honrado nun “sitio que era querido por el”. Sánchez Bugallo xunto a outros membros do equipo de goberno e da candidatura presidiu un acto de homenaxe a Paco Fernández del Riego, homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.
Cunha imaxe del xunto a súa muller Evelina, precisamente sacada desde o Campiño da Ferradura, o alcalde e a concelleira de Acción Cultural destacaron a herdanza cultural que deixa tras de si o autor: “francisco foi un dos impulsores do 17 de maio como día das letras galegas, un dos activistas incuestionables desta cidade e de toda Galicia” recalcou Mercedes Rosón.
“Na súa primeira etapa de vida en Santiago estivo vencellado á USC, despois ao Seminario de Estudos Galegos e, máis adiante, á editorial Galaxia. “Homenaxealo aquí, fronte á paisaxe que puidemos recuperar precisamente grazas a esta imaxe, e ao carón da escultura de Isaac Díaz Pardo, con quen tivo unha gran amizade, é poñer en valor o seu legado e a súa aportación a nosa cidade” asegurou o alcalde.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela