Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2023. Os socialistas levarán ao pleno de setembro as obras de accesibilidade que reclaman as veciñas e veciños de Vite. Concretamente é nas rúas Alexandre Bóveda e Carlos Maside nas que, segundo o seu portavoz, urxen estas actuacións para mellorar os accesos ás vivendas: “as prazas de residentes están na rúa Alexandre Bóveda e as entradas aos bloques de edificios cara a Avenida de Castelao, polo que é necesario crear unhas ramplas para que poidan acceder aos seus domicilios”.
Gonzalo Muíños que na mañá do sábado reuniuse co presidente da asociación de veciños, recorda que tamén nesta zona se acometeron intervencións neste sentido, na contorna da fonte recentemente restaurada, co obxectivo de “avanzar cara un Santiago sen barreiras pensando, sobre todo, nas persoas con problemas de mobilidade e nos nosos maiores”.
Recalca ademais que no pasado mandato destináronse máis de 200 mil euros a obras de accesibilidade en diversos puntos da cidade, que ademais “se fixeron con centros especiais de emprego”. O socialista insiste en que “se trata de obras de baixo custe pero dun gran impacto na vida cotiá das veciñas e veciños da zona” e levará un rogo ao próximo pleno para darlle resposta a esta demanda veciñal.
Todo isto coa vista posta na reurbanización da rúa Carlos Maside. Era un dos compromisos cos que os socialistas concorrían as pasadas eleccións, que conta cun anteproxecto avanzado e para a que, anuncia, “esixiremos financiación cando comece a negociación dos orzamentos municipais”.
Dúas das zonas necesitadas de actuación: a 1ª en Carlos Maside e a 2ª en Alexandre Bóveda
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela