Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023. Coincidindo coa promesa do seu cargo como Presidente, o portavoz dos socialistas en Raxoi reivindicou o compromiso de Pedro Sánchez con Santiago e asegurou que a axenda galega e a compostelá “seguirán estando entre as prioridades do goberno do Estado”.
Un novo Xulgado de Violencia de Xénero “para axilizar trámites e reducir prazos” ou o incremento de financiación destinada ao Consorcio e axudas á rehabilitación de vivendas, son algunhas das medidas que destacou Gonzalo Muíños que demostran o “o compromiso real” de Sánchez con Santiago.
“Tamén abaratando a autopista da AP-9 ou rematando a Autovía Santiago-Lugo” explicou o edil socialista que destacou ademais o incremento da aportación do Estado á depuradora da Silvouta “mentres a Xunta segue dando largas”: “son catro anos de progreso, tamén para Santiago” insistiu.
Muíños puxo en valor ademais o traballo feito durante estes anos, coa Intermodal, o enlace orbital coa AP-9 e a xestión dos fondos europeos para a reurbanización de Amor Ruibal, rehabilitación dos polideportivos de Vite e Santa Isabel ou a plataforma de reparto de mercadorías no casco histórico: “actuacións que buscan a transformación da nosa cidade”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela