Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2023. Logo de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública estimara parcialmente tres recursos contra os pregos de contratación do servizo de transporte público, o goberno adicouse a “botar balóns fora” en lugar de “solucionar algo que en realidade é un trámite”. Así o denunciou hoxe Gonzalo Muíños que se amosou moi crítico coa actitude coa que arranca o novo goberno, “dinamitando pontes de entendemento a través da confrontación”.
Insiste ademais en que non se pode falar de “ineficiencia” como sinalaba nun comunicado o actual goberno local. Muíños alega que os pregos actuais contan co aval “de todos os técnicos” logo de recibir o informe favorable tanto de Servizos, como de intervención, asesoría xurídica e da Oficina Nacional de Avaliación.
O portavoz dos socialistas afeoulle ao bipartito que falen de “débedas e de herdanzas” cando durante os catro anos de goberno de CA “non se renovou ningún autobús”: “débeda foi o que deixou Compostela Aberta con todos os contratos caducados, uns pregos para o transporte que non servían e os autobuses que renovaron durante eses catro anos, que foron un total de cero”. Recorda Muíños que desde o 2015 non se renovou ningún autobús da flota.
“Podemos falar de herdanzas, si, como as luminarias que se están mudando en toda a cidade, as obras que está adxudicando o novo goberno nas xuntas de goberno como a de hoxe, coas obras de García Lorca en Vite, as do Campus Sur, as de Pontepedriña ou a pavimentación en Aradas e Coira” replicou Gonzalo Muíños que instou ao goberno local a “poñerse a traballar” para “sacar adiante un contrato que vai a mellorar, e moito, o servizo de transporte público”.
Máis autobuses, máis accesibilidade e máis frecuencias
Gonzalo Muíños defendeu os pregos para o novo servizo de transporte público que atenden ao que “a veciñanza nos solicitou” incrementando frecuencias, “dando servizo aos polígonos, mellorando as conexións cos barrios e creando unha nova liña para o centro da cidade”.
“Deixámoslle de débeda, como eles din, un contrato que vai a transformar a mobilidade desta cidade” afirmou Muíños tirando de ironía: “están desexando sacar a foto ao carón dos novos autobuses eléctricos, para entón non creo que se acorden tanto de nós”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela