Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muiños, defendeu hoxe a diversidade e calidade da programación das celebracións do Apóstolo. Ante as declaracións da oposición, aclara que non hai falta de ambición e engade que, criticar unhas festas cando aínda non se celebraron, parécelle unha falta de respecto cara o persoal que traballou na programación “axeitada ás limitacións orzamentarias”, e cara os distintos grupos e entidades, moitos deles locais, que van actuar.
Gonzalo Muíños tamén respondía á “suposta falta de diversificación”, á que se referían o grupos da oposición. Recórdalle que si hai actividades programadas nos barrios, en Galeras, no Restollal, no Castiñeiriño, ou no Parque Eugenio Granell entre outros espazos.
Audio 2. Muiños_diversificacion
Lembrou tamén, que foi “este goberno municipal o que levou os fogos do Apósto aos barrios” e “quen, pese as limitacións sanitarias, e consciente “do mal que o estaba pasando o sector cultural e de festas”, organizou, durante a desescalada, unha festas que foron exemplo e referencia para outros concellos de Galicia.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela