Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, cualifica de oportunismo político que Compostela Aberta presente, neste momento, unha proposición no pleno do próximo xoves, instando ao goberno municipal a peonalizar a Praza de Mazarelos. Muíños aclara que, xa en novembro, “anunciamos que estabamos estudando este tema”.
Sorpréndenos”, afirma Gonzalo Muíños, que CA “nos estea esixindo que saquemos adiante” a peonalización de Mazarelos, cando eles, engade, tiveron catro anos para levala a cabo. O concelleiro de Mobilidade recorda que “levamos un ano no goberno”, dos que catro meses foron de parálise por mor da crise sanitaria.
Gonzalo Muíños engade que desde o goberno municipal “estamos abertos a estudar profundamente este tema. Somos conscientes das peticións de distintos veciños, pero tamén queremos ter xuntanzas con todos os axentes sociais e da cidade implicados”. Cita en concreto, distribuidores de mercadorías, os praceiros do Mercado de Abastos e tamén á veciñanza. Asegura o concelleiro que “somos máis partidarios de facelo como no Ensanche, en distintas fases, en fins de semana; ou polas tardes, a partires das dúas ou das tres” Algo que continúa, “imos estudar moi seriamente, iso sí, contando co beneplácito de todos os axentes sociais, o cal é fundamental”.
Considera o concelleiro, que Compostela Aberta tivo tempo “máis que suficiente” para peonalizar a Praza de Mazarelos. Nós, neste prazo de un ano, imos sacar o PMUS adiante; temos en licitación o Smartiago” ao que se engade a modificación das ordenanzas de circulación para mudar os horarios de distribución e reparto de mercadorías”. Todo isto, conclúe, tamén vai incidir moito nese Plan de Mobilidade da Cidade Histórica”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela