Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Imaxe da pegada de carteis.
O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, arroupado pola Agrupación Socialista de Compostela, arrancou a campaña electoral nos xardíns de Fonseca, co tradicional acto de pegada de carteis que marca o arranque da campaña. En compañía do alcalde, Xosé Sanchez Bugallo, e da número dous da candidatura socialista pola provincia, Noa Díaz, Gonzalo Caballero asegurou que “temos a forza para gañar e gobernar Galicia”.
Caballero pediu o voto por primeira vez nesta campaña a todos os que apoiaron ao PSdeG-PSOE nas distintas citas electorais do ano pasado, posto, engadiu “que o seu apoio fixo posible vencer ao PP en Galicia por primeira vez na historia e que máis da metade dos galegos e galegas teñan hoxe un alcalde ou alcaldesa socialista”. A última peza “para construír o progreso e dar un futuro de oportunidades a Galicia”, dixo, é poñer un presidente socialista á fronte da Xunta.
Concelleiros e membros da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela.
Intervención do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela