Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O portavoz de Asuntos Económicos no Senado e Doutor en Economía pola UCS, o socialista Xaquín Fernández Leiceaga, impartiu, na casa do Pobo a conferencia “A actual situación económica” que, sinala, a pesares da inflación, presente “factores de optimismo”, grazas, en gran medida, ás “políticas sociais” aplicadas polo actual Goberno de Pedro Sánchez. Fernández Leiceaga foi presentado pola concelleira de Políticas Sociais e deputada provincial Mila Castro
Esta conferencia enmárcase no ciclo “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”, organizados pola Agrupación Socialista de Santiago de Compostela. Fernández Leiceaga destacou que estamos ante unha situación económica caracterizada polo crecemento da inflación, situada nun 10% que non dependen da demanda, “depende, sobre todo, do alto custe da enerxía e dos hidrocarburos”. Pero, engade, hai sinais de optimismo: o turismo estase recuperando, o emprego estase comportando ben con indicadores como as horas traballadas en niveis de prepandemia, e os “cuellos de botella de subministro”, en referencia a falta de subministros provocada pola paralización dos mercados, sobre todo de China, tamén se están resolvendo.
Unha crise, engadiu, que xa se empezou a xestar durante a pandemia provocada pola covid 19, que obrigou a parar os procesos produtivos, a deixar de producir. Pero que, aquí, non noso país, contou cunha rápida reacción do goberno de Pedro Sánchez, coa aplicación “de políticas sociais”, traducidas en axudas como as relacionadas cos ERTE, ou IMV (ingreso mínimo vital) ou medidas como as de apoio aos autónomos. Ao non haber gasto das familias, por non poder desplazarse, as rendas da maioría da pobación non descenderon significativamente, segundo explicou Leiceaga.
Pero, cando os indicadorees económicos se estaban recuperando e acadando os niveis de prepandemia, Rusia invadiu Ucrania, agravando a crise enerxética; tanto pola dependencia do gas ruso como polo gran procedente de Ucraína, que desembocou nesa subida de prezos, tanto na enerxía, como na alimentación. Neste momento, indicou, un 8% desde 10% de inflación provén da crise enerxética. A solución, engadiu, actuar sobre os prezos da enerxía, o que xa se está facendo con decretos como o do aforro enerxético.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela