Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou, en rolda de prensa, o compromiso adquirido na campaña electoral de recuperar a policía de distrito; a que se destinarán 71 axentes dos 122 existentes nos catro distritos nos que se divide o Concello. Hoxe comezou a rolda de contactos con distintas asociacións veciñais de Compostela, nunha reunión na que tamén estaba presentee o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños. Empezará a funcionar a partir do 1 de febreiro.
Sánchez Bugallo subliñou que “nos está costando recuperar ese camiño, debido á escaseza de efectivos”. O rexedor recordou que hoxe hai unha plantilla de 122, fronte os 180 de 2011; “unha dotación policial máis pequena para unha cidade onde as demandas medraron”.
Nesta primeira xuntanza participaron as asociacións de veciños das Fontiñas, Raigame, Barrio Xardín, FERUSA, Ruta Xacobea, Cidade Histórica e Fonseca. Está previsto que ao seguinte encontro asistan as de Vite, Vista Alegre e o Castiñeiriño, entre outras. Despois do encontro, Gonzalo Muíños sinalou que a “asignación dos mesmos efectivos policiais a cada distrito aumenta a sensación de contar cunha policía máis cercana e permite unha intorlocución máis próxima”. E engadiu: “para acadar os mellores resultados é necesario ese contacto coa comunidade (veciñal, asociativa, educativa, asistencial, etc.), o que incrementará o fluxo de información, redundará nun mellor coñecemento dos problemas e nun inmellorable punto de partida para tentar solventalos”.
Máis información sobre a policía de distrito
Obras
Durante a rolda de prensa, o alcalde tamén se referiu ás obras que se están executando na cidade, incluída a de remodelación da rúa dos Concheiros. Sánchez Bugallo sinalou que “asumimos a total responsabilidade das obras, tamén en Concheiros, a pesar de dificultades”. Recordou que “en Santiago, todas as obras están en marcha”; e que “o goberno mantén unha folla de ruta clara”. “Non se opta pola rescisión de contrato”, engadiu, “porque sabemos das dificultades que iso conleva e porque entendemos que é perxudicial para os veciños”.
O rexedor aclarou que “o contrato cunha empresa está vivo mentras a obra non esta recepcionada. Nalgúns casos atopámonos con obras nas que se descubren circunstancias novas, imprevisibles, noutras con erros de proxecto que deben ser correxidos; ou con demandas veciñais que é necesario incorporar”. Ante insto, proseguiu, “asumimos a responsabilidade nas duras e nas maduras. A veciñanza sabe que estamos ao pé do cañón e que imos seguir aí ata que todo estea rematado; tirando do carro todo o que sexa menester”.
O alcalde finalizou sinalando que “a nosa única preocupación é que as obras se acaben canto antes, e que queden o mellor posible”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela