
Conferencia sobre Barcia Veiras.
O historiador Miguel Paz Cabo, impartiu, na Casa do Pobo, a Conferencia sobre a memoria histórica centrada na figura de Fernando Barcia Veiras, presidente da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela entre 1931 e 1938. A presentación e introdución da conferencia correu a cargo do alcalde de Santiago e secretario xeral dos socialistas composteláns, Xosé Sánchez Bugallo; de Rogelio Pérez, secretario da Fundación Luis Tilve e de Marisa Rodríguez, secretaria xeral de UXT Santiago.
Estes son os principais datos aportados sobre a figura de Fernando Barcia Veiras:

Fundador de FETE Galicia, vinculada a UXT

Presidente da Agrupación Socialista de Santiago (1931-1938)

Organizador da primeira semana feminista de Galicia

Participa nos mitins de apoio ao Estatuto de Autonomía de Galicia

Xullo – 1936. Nomeado Presidente do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela.

Detido por segunda vez en xuño de 1937, cando estaba agochado na casa da curmá.

Pasa varios meses na cadea ata que é fusilado en xaneiro de 1938.
Toda esta investigación sobre Barcia Veiras está recollida no libro: “Viva la libertad. La silenciada historia del maestro Fernando Barcia en el Santiago de la segunda República”, de Miguel Paz Cabo. O título está relacionado coa frase que berrou cando o estaban fusilando: VIVA LA LIBERTAD.
Entre as persoas asistentes atopábanse os concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Seguridade e Mobilidade, Gonzalo Muíños, membros do Comité Executivo Local do PSdeG en Santiago.