Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou hoxe en rolda de prensa que a nova concelleira de Políticas de Igualdade será Mercedes Rosón, que xa é responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e de Acción Cultural. En canto a Rubén Prol, asumirá como xa se desvelou o venres pasado, Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas. O rexedor asinou o pasado día 25 o decreto de competencias de ámbolos dous concelleiros.
Coa asignación do departamento de Igualdade a Mercedes Rosón, xa quedan distribuidas todas as competencias que tiña asumidas Noa Díaz, que deixou o concello ao ser elexida deputada autonómica polo PSdeG nas pasadas eleccións ao Parlamento de Galicia.
Mercedes Rosón sinalou, a través dun “chío”, que asume as competencias en materia de igualdade con “moito ánimo e alegría”. Un espazo moi ligado ás miñas vivencias, ás miñas querencias persoais e un dos motivos importantes polo que estou en política. Previamente, en declaracións á cadena Ser, afirmou que “Santiago para min sempre estivo á vangarda dos movementos pola igualdade e a diversidade. É unha cidade plural, aberta, diversa e inclusiva, e esta idea de inclusión é a que ten que transformar o mundo para que sexa de todas e todos”.
Pola súa banda, Rubén Prol, en declaracións a Onda Cero, aseguraba que o primeiro que vai facer é reunirse coas xefaturas e direccións dos diferentes servizos, para analizar o estado no que se atopan. En opinión do novo concelleiro, a xestión de Noa Díaz foi “excepcional en todos os departamentos que levou”, polo que, anunciou, a liña de traballo “vai ser continuista”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela