Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Pleno do Concello de Santiago, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e reunido en sesión extraordinaria, aprobou hoxe distintos expedientes de crédito, con cargo a remanentes. Unha parte destes expedientes, os destinados a investimentos, son na súa práctica totalidade, demandas das veciñas e veciños de Santiago.
O pleno comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista
Investimentos por importe de 2.852.609,83 recollidos no punto 7 do pleno, no que tamén se incluiu un suplemento de crédito por unha contía de 4.049.942,04 euros, cantidade destinada, segundo explicou a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoa e Modernización da Administración Local, Marta Abal, a cubrir necesidades de gasto corrente, derivadas sobre toodo do incrementos dos prezzos como consecuencia da inflación e de obrigas pendentes de tramitar. Ese importe finánciase con remanente líquido de tesourería para gastos xerais.
Neste capítulo de investimentos está incluida a adquisición de dous autobuses eléctricos para dotar ao rural de transporte á demanda, por un importe de 500.000 euros; así como unha ambulancia para o servizo de Potección Civil por 15.000 euros. A maiores habilítase un crédito extraordinario por un importe de 107.084,08 euros para atender a unha transferencia a Transporte Urbano de Santiago SA para reestablecer o equilibrio económico pola xestión da estación intermodal; e suplemenntos de crédito por 1.317.601,39 euros destinados a custos de xestión do servizo de ORA e guindastre (6.407,22 euros), o mantemento da pasarela intermodal para o 2023 (11.685,58 euros) e o transporte urbano (1.299.508,59 euros).
Imaxe xeral do pleno
Nestes investimentos demandados pola veciñanza tamén están incluidas a reurbanización das rúas Mallou e Nogueira, por unha contía de 644.672,98 euro, a renovación do parque de Vista Alegre, ao que se destinan 130.000 euros; o acondicionamiento de acceso á Casa das Máquinas, cuns 50.000 euros; a redacción do modificado do proxecto orixinal e estudo xeotécnico para a reurbanización na rúa Castrón Douro, por 100.00 euros; o proxecto de acondicionamento de dependencias cedidas pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social para centro de día para persoas maiores, con 45.000 euros; así como a rampa de acceso ao Museo do Pobo Gallego, por 23.493,86 euros; ou o adecentamento da sala de usos múltiples da Rocha, á que se destinan 37.074,9 euros.
Está contemplada, ademáis, a habilitación dun suplemento de crédito por 91.769,16 euros, para a reforma das instalacións municipais do mercado de Amio.
Rural
Na zona rural está contemplada a mellora dos equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras, por 370.047,53 euros; a mellora e acondicionamenento dos Centros Socioculturais de Villestro e Infesta, por 44.839,39 euros; a ampliación do ciclo integral daa oruga nna rrúa do Coto dos Olmos e Amarelle, por 71.248,15 euros; as obras de abastecemento do Eixo, por 100.000 euros; e as obras de saneamento da Sionlla, por 243.064,63 euros.
No apartado de Deportes, están incluidas, entre outras partidas, unha destinada a obras nas pistas exteriorees dde acceso llibre da USC,, por unha ccontía de 380.000 euros, así ccomo distintas actuacións de emerxencia executadas nesas mismas pistas para o que se reservan 66.394,288 euros.
A concelleira Marta Abal lembrou que Santiago é o concello galego que máis inviste por habitante, ccon “máis de 100 euros enn 2022”. Estas modificaccións, enngadiu, “transe a pleno por responsabilidade institucional”, xa que fan fronte “a gastos que se están dando na a actualidade”. Así que, rematou, “de propostas electoralistas, máis ben ningunha”.
Pola súa banda, o alcalde, Sánchez Bugallo destacou que coa aprobación das remanentes, “bloqueamos sete millóns de euros para facer fronte aos gastos do Concello”.
Outros puntos
O punto número 3 tamén foi aprobado. O PSOE votou a favor. Tan só se posicionou en contra o concelleiro non adscrito. Trátase dunha partida de 42.701 euros, segundo explicou a concellleira de Economía, Facenda, Contratación, e Modernización da Administración Local, Marta Abal, o proxecto de gasto que financia a operación da EDUSI “Rutas Campus Stellae: Miradoiro de paisaxe do Pedroso”, unha actuación dirixida a promover a protección, fomento e desenvolvemento da nosa paisaxe.
O obxectivo desta operación, a executar no Monte de O Pedroso, é iniciar a creación dunha rede de puntos de observación da nosa paisaxe exterior e interior da cidade, estratéxicamente ubicados, para contribuír, sinalou a concelleira Marta Abal, “ao incremento do número de visitantes ao noso patrimonio cultural, unha mostra mais da aposta polo goberno pola diversificación da nosa oferta turística”.
Emisión do pleno extradordinario do 10 de maio de 2023
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela