Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Imaxe xeral do pleno
O pleno emitiuse vía telemática
O pleno da Corporación Municipal, reunido en sesión extraordinaria, aprobou hoxe un expediente de crédito extraordinario, por importe de 75.000 euros, para o programa Bonos Corazón, de apoio ao comercio e hostalería dos barrios de San Pedro-Concheiros. Votaron a favor o Grupo Municipal Socialista, Compostela Aberta e BNG. O Grupo Popular abstívose.
Na súa intervención, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reiterou “o compromiso de sacar este programa de axudas” despois de que rematasen as obras, feito público nos “primeiros días de decembro, despois dunha reunión coa asociación de comerciantes.
A concelleira de Economía, Marta Abal, e o portavoz do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte.
Segundo explicou a concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, “compre por en canto antes” este programa de bonos de consumo, “que sen dúbida terá un efecto multiplicador na economía local, achegando recursos á cidadanía á vez que incentiva o consumo en sectores estratéxicos” para a cidade.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela