Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023. O Concello instará á Xunta de Galicia, de novo, a iniciar con carácter urxente os procedementos necesarios para a posta en marcha dun novo aparcadoiro na contorna do Clínico, concretamente na parcela ao carón do CiMUS que o goberno socialista lle cedera no pasado mandato. Así figuraba na proposición que os socialistas levaron ao pleno e que non puido contar co voto favorable do Partido Popular que prefeiru absterse nesta cuestión e “poñerse de lado nos temas que lle preocupan a esta cidade”.
Mercedes Rosón arremeteu con dureza contra a Xunta de Galicia polo novo desplante á veciñanza de Santiago, ao negarlle a creación dun novo aparcadoiro “mentres nesta mesma semana anuncia 14 millóns para o aparcadoiro do gran Montecelo de Pontevedra”. Unha inversión que, segundo a edil socialista, “evidencia unha vez máis o trato diferencial que a Xunta fai coa veciñanza de Santiago tratándonos como cidadáns de segunda”.
Instou ademais ao bipartito a tomar medidas de carácter urxente fomentando a rotación das prazas existentes e presionando á Xunta de Galicia para que poña en marcha mecanismos de transporte colectivo para o personal sanitario do CHUS que, segundo o informe elaborado pola propia administración autonómica, ocupa o 80% das prazas de aparcadoiro que se atopan nas inmediacións do Clínico.
Unhas actuación que deberan ir en paralelo da construción do aparcadoiro que se propón na parcela cedida polo goberno de Bugallo, con 3.500 metros cadrados e capacidade para máis de 400 vehículos. Unha solución “realista e realizable” fronte as propostas dos populares. Precisamente, Rosón ironizou neste sentido ao preguntarse se a proposta de Borja Verea “é sensata e realista”, “como un deputado do Partido Popular, con semellante relevancia e transcendencia no seu partido, non é capaz que a Xunta do PP compre o seu proxecto?”.
A comparecencia sobre a Casa da Xuventude, retrasada para o próximo pleno
Desde o grupo socialista solicitárase a comparecencia do concelleiro de Urbanismo para explicar os motivos que levaron ao bipartito a renunciar á subvención da deputación para a rehabilitación da Casa da Xuventude. O seu portavoz, Gonzalo Muíños criticou a actitude ocultista da alcaldesa, cuestionando que “con minoría absoluta, aplique o rodillo político para cumprir coa súa Asamblea local”.
Censura que o goberno non quixera render contas ante a Corporación, “sen aplicar a transparencia que sembre abandeirou” e negándolle “o debate á veciñanza con todos os proxectos sobre a mesa”, “o de rehabilitación financiada pola deputación e o de demolición deseñado polo seu concelleiro de Urbanismo”.
Muíños asegurou que a actitude de hoxe suporía unha “decepción” se “Goretti Sanmartín estivese na oposición e pedise explicacións ao goberno por tirar ao lixo unha subvención de máis de un millón de euros e condenar a Casa da Xuventude a máis anos de degradación e abandono”: “estas non son as maneiras que Goretti Sanmartín tivera querido para unha alcaldesa”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela