Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, explicou hoxe que está previsto destinar uns 4,4 millóns de euros millóns de euros a axudas aos sectores máis afectados pola Covid; ás que se lle poderían sumar outros 458.000 euros se así o deciden os grupos municipais. “A proposta que presentamos duplica a convocatoria de subvencións de decembro e multiplica por dez todas as axudas a promoción económica do goberno anterior durante catro anos”, sinalou o rexedor. A maior convocatoria de axudas, indicou, realizada nunca na historia do concello de Santiago.
O rexedor explicou que as previsións, por parte do servizo competente, “indicábannos que poderíamos dispor” de 5 millóns de euros de remanentes. Pero o que vale é a liquidación asinada, e esta indica que o superavit son 9 millóns de euros (non 11 millóns), dos cales 6,5 millóns se corresponden con compras e con investimentos aprobados con aterioridade, non efectuados pero comprometidos. Quedarían, sinalou, 2.458.929 euros de remanentes; sen computar a conta 413, que se elevaría a uns 500.000 euros de gastos contraídos no exercicio anterior; e que, sinalou o alcalde, se van asumir no orzamento de 2021. “Lémbrame”, asegurou, “a algúns que querían pechar os orzamentos en setembro, cando non tiñamos nin idea de cales ían ser o ingresos do concello. Naquel momento, con absoluta prudencia e sentido común dixemos que mentras non tivésemos datos obxectivos, era imposible facer un reparto de cartos que non sabiamos se os íamos ter ou non”.
Explicou que na reunión de voceiros propúxoselle aos grupos a celebración dun pleno extraordinario, o 16 de abril, para a aprobación dos remanentes; e trasladóuselle unha proposta cun posible reparto. Desa cantidade de 2.458.929 euros, “propuxémoslle, destinar 2 millóns, algo máis do 80% para axudas á reactivación económica, e os outros 458.929 quedarían pendentes de asignar, comunicándolle á oposición que se podían destinar independentemente a investimentos ou tamén a axudas directas”.
A estes remanentes, continuou Sánchez Bugallo, engadiríanse as cantidades das “que dispomos, por arrastre, do ano pasado”. O bono de aparcamento pasaría de 50.000 euros a 150.000; o bono de compra de 300.000 a 600.000; para actividades e promoción quedarían os 150.000 euros iniciais; as axudas ao comercio aumentarían de 750.000 a 1.683.105 euros; as destinadas a hostalería que incialmente tamén eran de 750.000 euros acadarían o 1.493.105 euros, e as de cultura contarían cun montante de 458.929 euros. A isto sumaríase, se así o deciden os grupos da corporación municipal, os 458.929 euros antes mencionados.
O resultado serían 4.840.026 euros. “Nunca na historia se fixo unha convocatoria deste calibre”, sinalou o alcalde. “A única que se parece minimamente é a convocatoria que fixo o concello en decembro de 2020 por 2,5 millóns de euros (xa pagada). Máis de 5 veces máis que todas as axudas de apoio ao tecido económico distribuidas polo goberno anterior durante catro anos”. Esta cifra, de 4,8 millóns de euros, que supón o 4% do orzamento municipal, representa “seis veces máis que a convocatoria da Xunta en termos orzamentarios”. O alcalde puxo un exemplo: “as axudas de comercio no ano 2018 rondaron os 25.000 euros. Aqui hai 1.683.000 euros. Non sei se hai algunha comparación posible. Como mínimo merece un respecto. Non coñezo concello algún de Galicia que realice unha convocatoria desta magnitude”. Sánchez Bugallo recordou que os tres millóns de euros “repartidos o ano pasado foron pagados exclusivamente con cargo ao orzamento municipal sen recibir euro algún doutra administración nin de fondos europeos”. E que agora, un millón de euros é aportado pola Deputación da Coruña, “o que agradecemos”.
Pleno
O alcalde pediu a colaboración dos partidos da oposición para chegar a un acordo sobre o reparto destes remanentes. É imposible, dixo, que poidan ir a un pleno extraordinario o día 16, pero espera que si poidan aprobarse no pleno ordinario do 29 de abril. Sobre a proposta presentada, pódense introducir matices. Pero o obxectivo, sinala, é sacar canto antes estes fondos que se van destinar a axudas. A próxima xunta de voceiros está prevista para o martes. “Espero que ao longo da semana que ven, poidamos chegar a un acordo”, sinalou.
Sánchez Bugallo recordou que todos os grupos teñen a proposta sobre a mesa. “Non coñezo ningún concello gobernado polo BNG, nin polo PP; non digo Compostela Aberta, porque non goberna ningún; que saque un programa de axudas que se poida comparar con este, polo que creo que todos nos debemos sentir orgullosos do esforzo enorme que está a facer a administración local de Santiago.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela