Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Imaxe do xantar da Ascensión, con Rubén Prol, Noa Díaz, Mercedes Rosón, José Miñones, Xosé Sánchez Bugallo, Mila Castro e Valentín González Formoso
A familia socialista celebrou hoxe as festas da Ascensión cun xantar nunha das carpas de polbo instaladas na Alameda; coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG; José Miñones, delegado do goberno en Galicia, así como outros cargos socialistas.
Sindo Guinarte e Carme Fernández Morante
En declaracións aos medios, Sánchez Bugallo sinalou que as festas estan transcorrendo “estupendamente, nese sentido temos que estar absolutamente satisfeitos”. “Está claro”, subliña”, que os cidadáns e cidadás tiñan moita gana de recuperar estas festas da Ascensión. Onte foi un día espléndido, tanto no concerto” como nas rúas. E hoxe tamén, engadiu, na Feira Cabalar, da que destacou a gran afluencia de público, entre o que “había moitos nenos e nenas”.
Gonzalo Muíños, Marta Abal e José Manuel Pichel
Tamén resaltou o bo ambiente nese momento na Alameda, para a continuación aclarar que “por fortuna, ese intento “que houbo de deslucir as festas e de amargarnos o día”, en referencia á sabotaxe acontecida a pasada noite na nave que a empresa concesionaria do servizo de limpeza do concello de Santiago de Compostela, Urbaser, ten no Polígono do Tambre; na que sete vehículos resultaron afectados, ao cortarlle os circuitos de aire e o cableado eléctrico. Un acto vandálico que concluiu, afortunadamente “fracasou”.
Esther Pedrosa, Marta Abal e Javier Fernández
No xantar tamén estaban presentes os membros do goberno municipal, os concelleiros Mercedes Rosón Ferreiro, Sindo Guinarte Cabada, Mila Castro, Gonzalo Muíños, Marta Abal Rodríguez, José Manuel Pichel, Javier Fernández, Esther Pedrosa, e Rubén Prol; así como os alcaldes de Ames, Blas García; e de Brión, Pablo Lago Sanmartín; a deputada autonómica Noa Díaz; o secretario provincial do PSdeG, Bernardo Fernández Piñeiro; e Secretaría de Organización da Agrupación Socialista de Santiago, Carmen Fernandez Morante.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela