Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Rei Felipe VI asinando no libro de Honra da Cidade, baixo a mirada do alcalde Sánchez Bugallo.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a recepción ao Rei de España, Felipe VI; á Raiña Letizia á Princesa de Asturias, Leonor; e á Infanta Sofía; que asinaron no libro de Honra da Cidade de Santiago. Todo isto nun Ano Santo, no que as quince localidades pertencentes ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participaron na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago.
Antes, na Praza do Obradoiro a Familia Real e os membros do Goberno Municipal, entre outras autoridades, pudieron observar o espectáculo ofrecido pola Patrulla Acrobática de Paracaistista do Exército do Aire (PAPEA), que aterraron coas bandeiras española e galega, saudaron aos membros da ruta Quetzal, e puideron admirar a escultura de Manolo Paz “Bolboreta”, que forma parte da exposición itinerante “A distancia que nos une”, que estará en Santiago ata o 15 de setembro.
Outro momento da visita.
Na recepción ofrecida no Pazo de Raxoi, ademais do alcalde, estiveron presentes, entre outras autoridades, os membros do Goberno Municipal; Nadia Calviño Rivas, vicepresidenta Primeira do Goberno e Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital; Yolanda Díaz Pérez, vicepresidenta Segunda do Goberno e Ministra de Traballo e Economía Social; José Miñones Conde, delegado do Gobierno en Galicia; Miguel Á. Santalices Vieira, Presidente do Parlamento de Galicia; e o presidente da Xunta de Galicia; Alfonso Rueda, e os alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España que onte celebraron en Compostela a súa Asemblea Xeral.
O Alcalde entregou un obsequio á Raiña Leticia
Tanto o alcalde Sánchez Bugallo, como o resto do equipo de goberno, asistiron á cerimonia relixiosa, na que tamén estaban presentes varios membros dos grupos da oposición; e as distintas autoridades, eclesiásticas, autonómicas, do goberno de España e das diferentes Forzas Armadas. Felipe VI, realizou, como ven sendo tradición nos Anos Santos, a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. Na súa intervención transmitiullo “o noso cariño e apoio a todas as persoas que sofren as consecuencias dos incendios”, e agradeceu “o esforzo titánico de cantos participan nas tareas de extinción”.
Primeiros momentos da chegada da familia Real, que foi recibida, entre outras autoridades, polo alcalde Sánchez Bugallo
A continuación referiuse o Camiño de Santiago, como “un camiño que conectar lugares, e supera distancias. O seu carácter vertebrador sustenta a máxima de Goethe de que Europa naceu na peregrinación. Como magnífico exponente e exemplo de fraternidade entre pobos e persoas de todo o mundo, -de diferentes culturas, motivacións e circunstancias-, pódese dicir que foi o primeiro proxecto europeo común, e de elo demos testemuña cando lle foi concedido o Premio Príncipe de Asturias da
A Familia Real saudando ás persoas concentradas na Praza do Obradoiro
Concordia, fai xa 18 anos. O proxecto europeo conserva intacto o seu significado porque somos moito máis que países con intereses coincidentes. Somos pobos unidos por unha orixe e un destino, por valores e principios comúns, que se manifestan nun Camiño que compartimos a través de distintas etapas. E nesta etapa na que nos atopamos agora, cando o horror da guerra reaparece no Vello Continente, debemos reivindicar unidos “e neste especial Ano Santo Xacobeo- os valores cívicos, culturais e espirituais do Camiño de Santiago, trazados polos pasos de innumerables peregrinos que o percorerron ao longo dos séculos ata a actualidade”.
Tamén tivo palabras para os conflitos que asolan Europa, afirmando que “a paz debe marcar o norte da nosa brúxula. Agora e sempre”. Nunhas breves palabras en galego engadiu que “A afouteza que o paso dos séculos impregnou en todas as sendas que nos traen ata aquí axúdanos a afrontar con azos renovados as dificultades do presente. Ao igual que a luz da torre da Berenguela nos orienta cara o Apóstolo, os valores inmutables da peregrinación guiarannos de novo na superación das adversidades”.
Foto de familia cos alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
A continuación o arcebispo Julián Barrio, na súa homilía, referiuse a “incertidume” na que vive Europea, e avogou pola concordia “que fai que as cousas pequenas medren, para que as persoas e os pobos, se sintan cercanos os uns aos outros, e a nosa unidade se enriqueza coa pluralidade que nos é propia”. Na última parte da intervención, xa en galego, Julián Bario, pediu a intercesión do Apóstolo Santiago para o pobo español, e en especial para o galego, ás persoas vítimas da violencia e das guerras “en Ucrania e outros países”, e que sofren as consencuencias físicas e morais. Que o desexo da paz en todos os paises do mundo se faga realidade”. Tamén se solidarizou coas vítimas dos incendios forestais, e pediu polos que morreron no mar “e as súas familias”, e tamén polos gobernantes, “para que o señor lles conceda afouteza, xenerosidade e constancia na procura do ben común” e na “renovación ética e moral da nosa sociedade”.
Actos protocolarios
Outra imaxe da visita da Familia Real
Antes da cerimonia relixiosa, Felipe VI, pasou revista ás tropas na praza do Obradoiro. Coa chegada das primeiras autoridades, sobre as 11:30 h. da mañá, incorporuse a bandeira á Forza, xa formada. Sobre as 12:15 h. chegou a Familia Real; Felipe VI, a Raiña Dona Letizia; a Infanta Leonor, Princesa de Asturias; e a súa irmá, a Infanta Sofía. Na Praza do Obradoiro foron recibidos, entre outras autoridades polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a vicepresidenta Primeira do Goberno Nadia Calviño; Yolanda Díaz Pérez, vicepresidenta segunda do Goberno; Miguel Á. Santalices Vieira, Presidente do Parlamento de Galicia; José Miñones Conde, Delegado do Goberno en Galicia; e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
A continuación, foi cando Felipe VI pasou revista á Forza en formación, saúdando á bandeira ao seu paso. Cando rematou, o resto da familia real achegábase ata o centro da praza desde onde saudaron ás autoridades no seu traxecto cara a Catedral, na que asistirion á cerimonia relixiosa e á tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago.
Saúda da Familia Real aos membros da Corporación Municipal
Fotos: Concello de Santiago
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela