Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2023. Será en San Pedro de Mezonzo, no antigo local da antiga tesourería, onde se ubicará a Casa dos Maiores do Ensanche co obxectivo de crear un espazo social e de ocio para a terceira idade: “alí programaremos actividades co dobre obxectivo de previr o deterioro psico-físico e favorecer a convivencia e a integración social destas persoas na súa contorna”.
Actividades como baile, cursos de achegamento ás novas tecnoloxías, obradoiros e saídas culturais programaranse no centro ubicado en pleno Ensanche, que contará tamén cunha sala de lectura e varios espazos de usos múltiples.
Trátase dun local comercial de planta baixa cunha superficie total de 1.528 m2 e cun patio interior que xa foi cedido ao Concello. “Procuramos ofrecer novos espazos de encontro e socialización para a terceira idade porque queremos fomentar un envellecemento activo” explica o alcalde…
Máis bancos nas prazas públicas e zonas de biosaudables
Precisamente na Festa dos Maiores que tivo lugar no marco da programación da Ascensión, o alcalde atendeu a moitas das solicitudes que lle plantexaron durante o encontro. Principalmente, segundo explica Sánchez Bugallo, “solicitáronnos máis bancos nos parques e en espazos públicos, e por outra banda, un espazo de socialización para o baile, como é a Casa dos Maiores na que estamos traballando”.
Precisamente, sobre a instalación de novos bancos e a adecuación de espazos públicos, o alcalde explicou que esta mesma semana instaláronse novos asentos na Praza Roxa, e está previsto que se reforce a instalación de bancos noutros puntos nos que se rexistraron varias solicitudes. Por outra banda, actualmente están en marcha o espazo interxeracional de Sar e o parque infantil da Almáciga, ambos proxectos, con zonas de ocio interxeracional e espazos de convivencia para a terceira idade.
Tamén sobre a instalación de elementos biosaudables, o alcalde recalcou que se está a facer un esforzo para que todas as zonas de ocio infantil conten, na proximidade, cun espazo de biosaudables, ao tempo que se traballa para crear a rede de ximnasios de barrio anunciada nos últimos días: “durante este mandato instaláronse varios espazos para realizar actividades de mantemento, algo que reforzaremos, coa rede de ximnasios de barrio que comezaremos no Restollal” explicou o alcalde.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela