Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago e candidato á reelección polo Partido Socialista, Xosé Sánchez Bugallo reuniuse nas últimas horas coa veciñanza de Pontepedriña, nun acto no que, sinalou, se revisaron distintos proxectos e actuacións, algunhas xa executadas no barrio, outras en proceso de execución, outras en licitación, e outras nas que se está traballando para materializalas de cara futuro. Entre os asuntos que máis interese xeraron, citou a remodelación da rúa Amor Ruibal e o muro da rúa Vedra.
Sánchez Bugallo, que estivo acompañado por distintos membros da candidatura, entre eles o concelleiro de Barrios e Obras, Gonzalo Muíños; sinalou, en relación á remodelación da rúa Amor Ruibal, que lle explicaron aos veciños e veciñas “tanto o axuste que se pretende facer para incorporar as sendas ciclistas en cohesión e coordinación co realizado na rúa Clara Campoamor”, como o proxecto de itinerario ciclista entre a avenida de Romero Donallo, que saiu a licitación o pasado 20 de marzo. Unha actuación que dará continuidade ás obras xa realizadas na rúa Clara Compoamor e na rúa do Hórreo e que establecerá as bases da futura rede de itinerarios sostibles para a redución da pegada de carbono. “Estivemos vendo con detimento esa remodelación e rexuste definitivo, xunto coa conversión nun gran boulevar urbano de toda a entrada que ven desde o Castiñeiriño, ata a rotonda da Galuresa”.
20230413 Audio_alcalde_Amor Ruibal
Outro asunto “que suscitou gran interés”, entre a veciñanza foi o muro da rúa Vedra. “Informámolos que hai unha proposta plantexada por Adif, que estamos estudando; na que eles aceptan facer unha cesión de espazo e un retranqueo do muro, sempre que o Concello de Santiago se faga cargo dos gastos. Temos encargado un estudo económico, un estudo de viabilidade, para ver o custe desa operación”. Unha operación, continuou Sánchez Bugallo, que “probablemente nos obrigaría a construír un muro de contención, para poder sustentar esa entrada, pero ao que aspiramos é a poder gañar aló menos tres metros de anchura para a rúa”. Isto permitiría, engadiu, “facer unha beirarrúa de aló menos dous metros, polo lado a carón da vía do tren, e por outro permitiríanos ampliar tamén a zona de estacionamento de vehículos. Polo tanto estamos á espera dese estudo, para comentalo tamén cos veciños e veciñas, e poder avaliar a súa necesidade”.
20230413 Audio_alcalde _muro_Vedra
O alcalde rematou agradecéndolle ás veciñas e veciños de Pontepedriña, “o seu espíritu colaborativo e comprensivo”. Veciñanza, engadiu, que lle transmitiu a importancia “da obra de remodelación da rúa Clara Campoamor, a propia construción da Intermodal, ou o acondicionamento da praza de acceso á Intermodal, e incluso a colocación desas zonas verdes dentro dos muros. Estaban moi contentos”, en referencia á veciñaza. “Pontepedriña, que hai anos era un barrio marxinado de Santiago, hoxe é unha zona globalmente privilexiada, aínda que quedan determinadas carencias no interior do antigo barrio que deben ser resoltas e melloradas”.
A propia remodelación da rúa Clara Campoamor e a construción da Intermodal permitiron mellorar a conexión co Ensanche. Ademais, como recordou, no barrio abriuse ao público o renovado parque Pérez Lugín, logo dunha inversión de preto de 60 mil euros, con xogos que poden ser utilizados con menores con limitacións físicas e estimulantes a nivel cognitivo e funcional.
Tamén na liña dos servizos, se realizaron melloras do saneamento na rúa Manuel Vázquez Cacharrón e a Rúa Portomarín e, está xa rematndo a construción da pnova residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega, e que ofrecerá 120 prazas de residentes. Na zona, tamén se acondicinou o campo da festa de Castiñeiriño, un exemplo de recuperación de espazos antes degradados; que despois dun investimento de 400.000 euros conta cuns 5.000 metros cadrados de espazo de uso polivalente que responde tanto as demandas como as necesidades do barrio xeradas polo seu crecemento residencial.
O alcalde tamén lle explicou o investimento realizado, estes catro anos, en políticas sociais, e como se deu resposta ás necesidades máis perentorias da sociedade, actuando en tres eixos fundamentais. O primeiro, apoio ás persoas en situación máis vulnerables co incremento dun 85% dos recursos destinados ao SAF, o Sevizo de Axuda no Fogar, (que pasou dun orzamento, en xuño de 2021, de 1.979.666 euros a 3.080.048 euros, e rematando coas listas de agarda) e a posta en marcha do SEMUS, o Servizo de de Urxencias Sociais. O segundo, apoio aos sectores económicos máis gravemente afectados pola crise derivada da pandemia, como o comercio, a hostalería ou o sector cultural, cuns nove millóns de euros en axudas para impulsar a reactivación económica; que teñen a súa continuidade nos Bonos Corazón de Compostela, co obxecto de incentivar o consumo no comercio e hostalería local. E o terceiro, o mantemento, en condicións moi díficiles, durante a pandemia, dos servizos públicos, como o transporte, ou a reprogramación dos espectáculos culturais suspendidos durante a tempada de emerxencia sanitaria.
Sánchez Bugallo tamén recordou os avances nos acordos do Foro Cívico, aprobado por unanimidade en pleno o 29 de xullo de 2019. En industrialización, coa posta en marcha do Biopolo, a adquisición da maioría de accións de UNINOVA e a dotación da Sionlla de auga e saneamento. Sobre a estación intermodal, está en construcción, igual que o Orbital. E o Orbitaliño e a A-54 están desbloqueados. Polo que respecta á EDAR a obra está adxudicada en 67 millóns de euros; e a refoma da administración electrónica é unha realidade. Un goberno sinalou, que traballa por e para as persoas.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela