Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de Lei do Grupo Socialista, para reclamarlle á Xunta que cumpra coa súa propia normativa que regula as vivendas de uso turístico. A parlamentaria socialista Noa Díaz reclamoulle hoxe á Xunta que cumpra co Decreto 12/2017 que regula esta actividade e elimine do Rexistro de vivendas de uso turístico -VUT- aquelas que carezan de habilitación municipal. Para a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, o que aconteceu é “moi significativo” porque, coa votación o Parlamento recoñece que nin a Xunta, nin a directora xeral de Turismo, Nava Castro estaban cumprindo o citado decreto. Un cumprimento que engade, “leva reclamando” o Concello de Santiago “todos estes meses”.
Durante o debate, Noa Díaz lembrou a Borja Verea que é parlamentario, e que o seu escano está moitas veces baleiro: “sei que ten ansias por chegar ao Pazo de Raxoi, pero de momento está no Pazo do Horreo”, indicou. A deputada socialista enumerou as numerosas ausencias en debates de interese e importantes para Santiago, entre eles, a reforma do CEIP de Vite, as achegas para o Estatuto de Capitalidade, ou a ampliación do Conservatorio Profesional de Música e da Escola Oficial de Idiomas. En todos eles, recordou Noa Díaz, o PP votou en contra.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela